Primeiro faise auténtica, elástica
no apresuramento por devorar que corre, quero
todo para min e os seus movementos impenetrables son
unha sensación contradictoria.
Que o meu corporea para cousas boas,
Desvirtuar cosméticas, para pinchar globos e pompas
de xabrón irisado
todo un desamarrarse porque quero referver.
Logo derruban e descarnan e póñense a desenvolver
Intersticios e comisuras, un edén algo directo
que fantasea a dureza dos latexos,
un xardín algo suxo
onde se verquen os contidos e non se pode calar.
Delicia, de yolanda Castaño
0 comentarios:
Publicar un comentario