27.1.09 CONTOS, TEATRO de OLALLA COCIÑA

-Cuentista, que es unha cuentista.
Sabe que é de broma, un vacile, pero que mal lle senta. Que lle chame cuentista agora. Agora que ao fin se sincerou e foi quen de explicarlle cómo a invade de arriba abaixo o pánico.
-Non ves que me tremen os xeonllos? E as maos.
As maos como cando camiña cargada de bolsas durante unha hora e logo, ao pousalas, lle tremen. Botan de menos o peso.
-Vai en serio. Estou a-te-rro-ri-za-da.
Describe o máis dramaticamente posíbel os síntomas. Baleiro. En branco. Ou en negro, segundo se mire. Suspira, medio sorrí. Aínda lle queda unha fisura para a ironía. E berra, porque quere levar a razón, que a compadeza. Está a piques de chorar. Pero nada.
-A escritora quedou sen ideas! Hahaha. Cuentista.
Furiosa e triste, comeza en pensar seriamente no portazo. En mandalo todo á merda. O último mozo que tivo soia dicirlle que era unha experta actriz. Que lle encantaba o teatro. Iso enervábaa aínda máis. E logo estaba todo o día coa canción de La Lupe na cabeza.
extraído del blog reveladora
foto by Vuk

0 comentarios: